Saturday 18 de May de 2024

Charla ‘Acompañando a las personas con cáncer’,este mércores na casa da cultura de Ordes


O psicólogo Marcos Calvo será o encargado de conducir este relatorio

A xunta local ordense da Asociación Española contra o Cancro en colaboración co Concello de Ordes ofrecerá proximamente a charla ‘Acompañando a las personas con cáncer’. A cita terá lugar o vindeiro mércores, 2 de marzo, ás 19 horas na casa da cultura. O poñente será Marcos Calvo, psicólogo da xunta local de Santiago da AECC. As persoas que queiran asistir poderán facelo de balde sen necesidade de inscribirse previamente.